Vandal (web)
Vandal | |
---|---|
O equipo Vandal no evento Barcelona Games World 2017. | |
O equipo Vandal no evento Barcelona Games World 2017. | |
Tipo | Web de videoxogos e entretemento |
País de orixe | Galicia |
Comercial | Si |
Rexistro | Opcional |
Linguas | castelán |
Estado actual | Activo |
Propietario | Vandal Network SL (maioritario), con participación de elespanol.com |
Lanzamento | 30 de agosto de 1997 |
Na rede | |
https://www.vandal.net e https://vandal.elespanol.com | |
Vandal é un sitio web galego de videoxogos fundado en 1997. É a máis antiga en lingua castelá xunto a MeriStation, e a primeira especializada en videoconsolas. Ademais dos contidos tradicionais sobre videoxogos, leva anos publicando artigos e noticias sobre hardware, entretemento e deportes electrónicos.
A oficina de Vandal está situada no centro da Coruña, mentres que os editores están repartidos por toda Europa. A maioría dos seus visitantes son españois e mexicanos.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Na súa fase inicial, a web Vandal.net era actualizada cada tres semanas, alterando a súa portada e seccións para preservar contidos antigos como arquivos. Porén, tras uns meses, a web comezou a actualizarse de forma regular, acabando por ter actualizacións diarias.[2]
O seu nome, Vandal, deriva do videoxogo de rol Vandal Hearts, publicado por Konami. Ao longo do tempo, a plataforma pasou de centrarse exclusivamente en PlayStation e Nintendo 64 a cubrir todas as consolas, PCs e dispositivos móbiles. Ademais, expandiu o seu alcance ao incluír contidos relacionados con hardware, entretemento e deportes electrónicos.
En abril de 2016, Vandal diversificou as súas temáticas, lanzando Vandal Sports, seguido polas seccións Ware (dedicada ao hardware) e Vandal Random (enfocada no mundo do entretemento) en 2017. Nese mesmo ano, Vandal converteuse nunha sección do diario El Español.
Nos seus 25 anos de existencia, Vandal mantívose como líder na prensa de videoxogos en castelán, acumulando máis de 5500 análises rexistradas no agregador Metacritic e formando parte do xurado de votación nos premios The Game Awards desde 2019.[3] [4]
Destácase tamén pola súa presenza en redes sociais, contando con millóns de seguidores en varias plataformas. Segundo o director Pablo Grandío, a estratexia editorial de Vandal baséase na independencia editorial, o rigor informativo, o respecto ás diferenzas e a inclusión de todos os públicos no sector do videoxogo.[1]
A Revista Vandal é socia da Asociación galega de videoxogos e contidos interactivos - videoxogo.gal, e Grandío é vicepresidente da mesma.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Sobre nosotros - Vandal". vandal.elespanol.com (en castelán). Consultado o 2023-07-28.
- ↑ "A web do mes: vandal.net, portal galego sobre videoxogos". blogs.xunta.gal ; Xente Dixital. Consultado o 2023-07-28.
- ↑ "Vandal Profile - Metacritic". Consultado o 7 de novembro de 2021.
- ↑ Brugat, Marc (20 de novembro de 2019). "The Game Awards anuncia los nominados para la edición de 2019". Consultado o 7 de novembro de 2021.
- ↑ "socios". videoxogo.gal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vandal |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Consola
- Museo do Videoxogo (MUVI)
- Videoxogo
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- https://vandal.elespanol.com/ Páxina web oficial
- Museo do Videoxogo - MUVI